Redacta a partir do que xa tes, non dun modelo en branco

ADOIA parte dos teus propios documentos e do que xa falaches do caso. Ti escribes; o que se elimina é volver comezar cada vez.

O problema

Cada escrito comeza buscando o anterior

Tes que redactar unha contestación. O primeiro que fas non é escribir: é abrir o cartafol doutro asunto parecido, atopar o escrito que saíu ben, copialo e comezar a cambiar nomes.

Media hora antes da primeira frase propia.

E se o que copias é de hai 2 anos, tocará revisar se o que dicía segue valendo.

Como funciona

A primeira versión é o teu documento, tal cal

Elixes un documento de partida e ADOIA abre a redacción co seu texto exacto, sen reescribilo.

Iso importa máis do que parece: non comezas cunha versión «mellorada» que tes que revisar enteira para ver que che cambiaron. Comezas co que xa escribiras, e a partir de aí decides ti.

O teu texto · sen reescribir

Do caso ao escrito

O que xa contaches do asunto non se perde

Se estás preguntando sobre un expediente e nalgún momento escribes «redáctame un escrito de oposición con isto», ADOIA abre a redacción cun resumo de toda a conversa, non só da túa última frase.

Aí van os feitos que saíron, o que estás pedindo, os prazos mencionados e os datos que faltan.

A garantía

Se algo non cadra, dicho antes de crear nada

O documento de partida analízase antes de que exista a redacción. Se hai un problema, sábelo nese momento, non co escrito xa creado e a medias.

E cada redacción garda as súas versións: quen escribiu que e cando. Se 2 persoas do despacho tocan o mesmo documento á vez, o sistema avisa en lugar de deixar que un pise o traballo do outro.

Visibilidade

Non todo o que se redacta é de todo o despacho

Cada redacción ten declarado quen pode vela. Un escrito en borrador dun asunto delicado non ten por que estar dispoñible para todo o mundo.

E toda redacción queda rexistrada na actividade do expediente: que se xerou, cando e quen o fixo.

FAQ

Preguntas frecuentes

Non. A primeira versión é o teu documento tal cal, sen reescribir. A partir de aí decides ti que cambiar.

ADOIA le o teu documento coma se os cambios estivesen aceptados, que é o que normalmente queres. Moitos extractores saltan o texto inserido e devolven o documento coma se os cambios se rexeitasen.

Si. Se pides que se redacte algo no medio da conversa, a redacción ábrese cun resumo de todo o falado: os feitos, o que pides, os prazos e os datos que faltan.

O resumo pode saír máis pobre, pero os documentos de referencia e o expediente ao que pertence a redacción calcúlanse á parte, non os decide o modelo. Nunca vas atopar unha redacción colgando do expediente equivocado.

O sistema avisa do conflito en lugar de deixar que un pise o traballo do outro.

Si. Cada unha leva declarado quen pode vela, e queda rexistrada na actividade do expediente.

Redacta o próximo escrito desde o anterior

Trae un escrito que fixeses e un asunto novo. Ensinámosche por onde comeza ADOIA.

Proba guiada de 15 días · Sen tarxeta · Sen permanencia