Busca nos teus documentos polo que din, non por como se chaman
Preguntas coas túas propias palabras e ADOIA lévate ao documento e ao parágrafo. Sen lembrar o nome do arquivo, nin en que cartafol acabou, nin quen o gardou.
O documento está. O problema é atopalo
Sabes que nalgún sitio hai unha cláusula de non competencia cunha redacción que funcionou ben. Usástela hai 2 anos, nun contrato dun cliente que xa non está.
Para atopala tes que lembrarte de que cliente era, de que ano e de como lle chamou ao arquivo a persoa que o gardou. 3 cousas que non teñen por que estar na túa cabeza.
O buscador do ordenador non che axuda, porque busca no nome do ficheiro. E o nome do ficheiro rara vez di o que hai dentro.
Preguntas, e lévate ao parágrafo
Escribes o que buscas como llo dirías a alguén do despacho: «a cláusula de non competencia de dous anos que usamos nos contratos de distribución».
ADOIA busca por significado, non por coincidencia exacta de palabras. Dá igual que o documento diga «pacto de non concorrencia» e ti escribises outra cousa: se é o mesmo, aparece.
E non che devolve unha lista de ficheiros para que os abras un a un. Lévate ao documento e ao fragmento concreto.
Por significado · non por nome
E mentres escribes, suxíreche
A barra de busca propón consultas a partir de 3 cousas: o que ti buscaches antes, un catálogo que ADOIA xera coa documentación do teu propio despacho, e un repertorio de consultas xurídicas habituais.
Serve sobre todo ao principio, cando aínda non sabes que se lle pode pedir.
E se tes unha dúbida, pregúntaslla
Seleccionas un conxunto de documentos —un expediente, un cartafol, os resultados dunha busca— e preguntas sobre eles.
«Que prazo de preaviso pactamos con este provedor?». «Onde se di algo sobre a penalización por atraso?».
Cada resposta vén co documento do que sae. Non é unha IA opinando: é a túa documentación respondendo, e podes comprobar de onde vén cada afirmación.
E se o que queres é redactar, nótao
Se no medio da conversa escribes «redáctame un recurso de apelación con isto», ADOIA entende que deixaches de preguntar. En lugar de responderche, lévate ao editor co tipo de documento e o título xa propostos, e cos documentos da conversa como contexto.
Non hai que saír, buscar o modelo e volver explicar o caso.
Que me cambiaron exactamente
Recibes a contraproposta dun contrato e tes que averiguar que tocaron. É das tarefas que máis tempo consomen e menos criterio requiren.
ADOIA compara as dúas versións e dáche a lista de cambios, apartado por apartado, co texto de antes e o de despois.
E por riba desa lista hai unha análise do alcance: que cambios importan e cales son de redacción.
Cambios calculados · análise verificada
O informe expórtase a Word, co eliminado riscado en vermello e o engadido subliñado en verde.
Preguntas frecuentes
Non. ADOIA busca polo que din os documentos, non polo seu nome nin polo cartafol onde estean.
Aparece igual. A busca entende que «pacto de non concorrencia» e «cláusula de non competencia» son o mesmo.
Dos teus propios documentos, e cada resposta indica de cal. Podes abrir a fonte e comprobalo.
Si. Elixes sobre que documentos buscas ou preguntas: todo o despacho, un expediente, un cartafol ou unha selección.
Está deseñado xusto para que non pase. A análise non ve os documentos, só a lista de cambios que se calculou antes; e descártase calquera achado que cite un cambio inexistente antes de que se amose.
Si. Desde a conversa podes pedir que se redacte un documento, e ADOIA lévao ao editor co tipo proposto e cos documentos da conversa como contexto.
Si, expórtase como informe, co eliminado riscado e o engadido marcado.
Busca algo que saibas que tes
Pensa nun documento que che custaría atopar hoxe. Ensinámosche canto tarda ADOIA.
Proba guiada de 15 días · Sen tarxeta · Sen permanencia